Artigo destacado
|
Hannah Beswick
, coñecida de maneira póstuma como a
momia de Manchester
como a momia de Birchin Bower
, nada en 1688 e finada en febreiro de 1758, foi unha muller británica adiñeirada que vivía nunha propiedade chamada Birchin Bower, situada na área de Hollinwood
, en Oldham
, Inglaterra
. Debido aos seus antecedentes familiares, Beswick tiña un medo
patolóxico a ser enterrada viva. Así, dise que antes de morrer manifestara o desexo de que o seu corpo permanecese sen sepultar, coa finalidade de verificar periodicamente a existencia de sinais de vida. Con todo, tras a súa morte en 1758
, o seu corpo foi embalsamado
.
A pesar de que non quedou constancia do método utilizado no embalsamamento, crese que consistiu na substitución do sangue
por unha mestura de trementina
e vermellón, método chamado embalsamamento arterial. O corpo foi gardado dentro dunha vella caixa de reloxo e almacenado en casa do doutor Charles White
, o médico da familia. A aparente excentricidade de Beswick terminou converténdoa nunha celebridade local, especialmente polo feito de que os visitantes puidesen observala na casa de White.
Finalmente o corpo foi legado ao Museo da Sociedade de Historia Natural de Manchester, onde foi exhibido e onde recibiu o alcume de Momia de Manchester ou a momia de Birchin Bower
. Posteriormente toda a colección do museo foi transferida á Universidade de Manchester
e decidiuse, coa aprobación das autoridades e o bispo
, enterrar a Beswick. O acto tivo lugar no cemiterio de Harpurhey o 22 de xullo
de 1868
, 110 anos despois da súa morte. A tumba na que xacen os seus restos carece de nome ou marca ningunha.
|
Sobre Galicia
|
Xosé Santiago Neira Vilas
, nado en Gres
(Vila de Cruces
) o 3 de novembro
de 1928
e finado no mesmo lugar o 27 de novembro
de 2015
, foi un xornalista, recoñecido e premiado escritor galego en lingua galega
e lingua castelá
e dinamizador cultural, emigrante na Arxentina
e Cuba
, membro da Real Academia Galega
, Medalla Castelao
e Medalla de Ouro de Galicia
, autor dunha ampla obra narrativa, na que destaca
Memorias dun neno labrego
(1961), o libro máis editado da historia da literatura galega
. Cultivou tamén o ensaio
, a poesía
e a literatura infantil
. A súa obra, tanto por calidade como por cantidade, converteuno nun clásico das letras de Galicia
.
|
Tal día coma hoxe no ano...
|
-
1889
, nace António de Oliveira Salazar
(na imaxe), ditador
de Portugal
.
-
1937
, nace Saddam Hussein
, ditador iraquí
.
-
1945
, Benito Mussolini
e a súa amante Clara Petacci son capturados e asasinados por membros do Movemento de Resistencia Italiano
cando tentaban fuxir de Italia
.
-
1952
, morre Manuel Dopazo Gontade
, gaiteiro galego.
-
1969
, Charles de Gaulle
dimite como Presidente de Francia
.
-
2003
, Apple Computer
, lanza iTunes
Music Store, vendendo 1 millón de cancións na primeira semana.
|
|
|
Imaxe do día
|
|
|
Presentación
|
|
|
Participación
|
|
|
Comunidade
|
De acordo coas nosas estatísticas
, temos un total de 144 945 contas de usuario rexistradas na Galipedia, e entre elas 270 estiveron activas durante o último mes. Todas as persoas que editan a Galipedia son voluntarias, integrando unha comunidade colaborativa e coordinando os esforzos por medio de proxectos temáticos
e diversos espazos de conversa
.
|
|